Historia Pinxit
Breviario de Miranda
Ficha técnica

Autor: Scriptorium compostelán
Cronoloxía: Mediados do século XV
Xénero/temas:
Material: Tinta sobre pergamiño
Dimensións: 21,7 x 17,2 x 10,4 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Arquivo Catedral
Procedencia: Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas: D. Pedro de Miranda, D. Rodrigo de Luna

Descrición

Débelle o seu nome a un cóengo de apelido Miranda (Pedro ou Luís) que mandou introducir o seu identificador en letras de ouro nos marxes do folio 49r, aínda que só foi un dos seus posuidores e, con maior seguridade, a súa orixe estaría relacionada co arcebispo don Rodrigo de Luna (1449-1460).

Composto por 514 folios, as iluminacións limítanse aos marxes, orlas ou letras capitais, sen ocupar páxinas enteiras; así e todo, son de gran riqueza, destacando motivos vexetais, heráldicos e personaxes, ás veces difíciles de identificar ao carecer de cartela. Apréciase a influenza da pintura flamenga nos pregos das vestimentas, que chegan ata o chan.

Parece realizado para un crego de Santiago, xa que se inclúen distincións da liturxia compostelá como a devoción a santa María Salomé, nai do Apóstolo, ou aos santos cuxas reliquias trouxo de Braga Diego Xelmírez.

Exposicións
  • Santiago, Camino de Europa. Santiago de Compostela, xullo – setembro de 1993.
  • Los rostros de Dios. Santiago de Compostela, 15 de setembro ao 15 de novembro do 2000.
  • Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media. Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2012 – 6 de xaneiro de 2013.
Bibliografía
  • Ayuso Marazuela, T.: “Un arcaico salterio mozárabe en un códice compostelano”, en Compostellanum, 4. 1959. Pp. 565-580.
  • Sicart Giménez, A.: Pintura medieval: la miniatura, Santiago, 1981.
    Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017, P. 215.
Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.