
Autor: Scriptorium compostelán
Cronoloxía: Mediados do século XII
Xénero/temas: iconografía xacobea
Material: tinta sobre pergamiño
Dimensións: 31 x 28,4 x 6 cm
Firma:
Restauración: 1964-1966.
Localización: Arquivo Catedral
Procedencia: Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas: Xelmírez, Calixto II, Turpín, Aymeric Picaud
Descrición
Está composto por cinco libros recompilados de maneira anónima, que reúnen textos referentes ao Apóstolo Santiago e á Catedral:
Libro I) Colección litúrxica (música e texto) para a Misa e Oficio das festividades de Santiago (folios 1r-139v).
Libro II) Recompilación de vinte e dous milagres acontecidos entre 1080 e 1135 (folios 139v-155v).
Libro III) Presenta dúas narracións sobre a translación (traslatio) dos restos do Apóstolo desde Xerusalén a Compostela.
Libro IV) A Historia Turpini relata as xestas de Carlomagno e do seu sobriño Roldán en Hispania; atribúese ao arcebispo Turpin de Reims (folios 162r-191v).
Libro V) A “Guía do Peregrino” fala dos catro camiños a Santiago e da información práctica; foi atribuído ao papa Calixto II (1116-1124) e ao seu chanceler, Aymeric Picaud. Inclúe unha descrición da catedral románica no momento da redacción (folios 192r-213v).
Apéndice musical, milagres e outros textos, incluíndo o antigo himno dos peregrinos (folios 214r-225v).
A iluminación do Códice dátase contra 1137-1154. As miniaturas e iniciais decoradas conforman un conxunto moi unitario, aínda que con algunhas diferenzas formais que permiten reformular a posibilidade de que sexa obra de distintas mans malia que pertencentes a un mesmo obradoiro. É moi probable que tanto os calígrafos coma os iluminadores procedesen do norte da Francia actual. Empregaron un rico cromatismo, a partir de vermellos, verdes, azuis e amarelos, sobre todo nas iniciais decoradas. Atópanse ao longo do manuscrito numerosas iniciais miniadas, de tamaños variados e decoradas con motivos vexetais, e en ocasións, con animais reais e fantásticos e figuras antropomórficas.
Exposicións
- Santiago, Camino de Europa.Santiago de Compostela, xullo – setembro de 1993.
- Santiago, la Esperanza. Santiago de Compostela, 27 de maio – 31 de decembro, 1999.
- Luces de peregrinación.Madrid, decembro 2003 – marzo 2004, Santiago de Compostela, abril – xuño 2004.
- Yo Camino. Ponferrada, 8 de maio – 9 de decembro, 2007.
- Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez. Santiago de Compostela, 15 de agosto – 15 de outubro de 2010.
- Domus Iacobi. La historia de la Catedral de Santiago, 9 de abril – 26 de xullo de 2011.
- Códice Calixtino. Ex re signatur Iacobus liber iste vocatur. Santiago, 2012.
- Santiago, 2013.
- Hospitalitas. A graza do encontro. Las Edades del Hombre. Santiago de Compostela, 13 de xuño – 17 de novembro, 2024.
Bibliografía
- Díaz y Díaz, M. C.: El Códice Calixtino de la Catedral de Santiago. Estudio codicológico y de contenido. Burgos, 1988.
- Moralejo, A.; Torres, C. e Feo, J. (Trads.): Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus. Santiago, 1951.
- Stones, A.: “The decoration and ilumination of the Codex Calixtinus at Santiago de Compostela”, en Stones, A. e Williams, J.: The Codex Calixtinus and the Shrine of St. James. Tubinga, 1992. Pp. 137-184.
- Yzquierdo Perrín, R.: “A propósito del Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus”, en XXXI Ruta cicloturística del Románico Internacional. Pontevedra, 2013. Pp. 106-108.