Historia Pinxit
Colección Século XVI
Adoración dos Reis Magos e Resurrección
Ficha técnica

Autor: Juan B. Celma
Cronoloxía: 1569
Xénero/temas: Epifanía, Resurrección
Material: Óleo sobre táboa
Dimensións: 183 x 141 cm
Firma:
Restauración:
1995, para a exposición “La meta del Camino de Santiago”
2010, Fundación Caixa Galicia
Localización: Museo Catedral
Procedencia: Trasaltar do presbiterio, antiga sacristía “de arriba”, Catedral de Santiago.
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Joán Bautista Celma foi o responsable de introducir o manierismo na catedral, demostrando nun encargo de cinco táboas o seu coñecemento da pintura italiana. Estas obras estarían colocadas na zona da ábsida, pechando a capela maior cara ao deambulatorio, nos intercolumnios. As de maior formato ―como é o caso da Resurrección―, na parte exterior, mirando cara ao deambulatorio, representando un ciclo dedicado á Vida e á Paixón de Cristo. Pola súa parte, cara ao interior, desenvólvense escenas dos misterios gloriosos do rosario.

Das cinco táboas, tan só se conserva na catedral unha que representa, por un lado, un fragmento da Resurrección e polo outro a Adoración dos Magos. A primeira mostra unha escena da Resurrección de Cristo: mentres os soldados romanos dormen, poden verse os pés de Cristo reincorporado. Ao outro lado, na Adoración dos Magos, estes dispóñense fronte á Virxe co Neno, enmarcados por unha estrutura arquitectónica de corte clásico. Ambas as dúas escenas destacan por ter un debuxo de gran calidade, así como por unha coloración moderada.

Exposicións
  • La meta del camino de Santiago, 1999.
  • Santiago, punto de encuentro, Santiago de Compostela, abril – novembro 2010
Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M.: “Juan Bautista Celma, un artista del siglo XVI”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, 12. Santiago, 1957. Pp. 330-357.
  • García Iglesias, J. M.: La pintura en Galicia durante la Edad Moderna: el siglo XVI. Resume de tese doutoral. Universidad de Santiago, 1979.
  • García Iglesias, J. M.: Contribución al estudio artístico de la Catedral de Santiago en el siglo XVI: la pintura”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, XXXI, Santiago, 1979-1980.
  • García Iglesias, J.M.: La pintura manierista en Galicia. A Coruña, 1986.
  • García Iglesias, J. M.: “O pintor de Banga e Juan Bautista Celma” en Artistas Galegos: pintores. Ata o Romanticismo. Vigo: Nova Galicia, 1999. Pp. 111-147
  • Vila Jato, Mª D. e García Iglesias, J. M.: Galicia na época do Renacemento. Proyecto Galicia, Arte, T. XII, A Coruña, 1993.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad