Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
Aparición da Virxe do Pilar ao Apóstolo Santiago en Zaragoza
Ficha técnica

Autor: Juan A. García de Bouzas
Cronoloxía: 1721
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre cobre
Dimensións: 110 x 75 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Retablo da Capela do Pilar
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:Fr. Antonio de Monroy

Descrición

Este cadro forma parte do traballo de decoración pictórica que elaborou García de Bouzas para a capela da Nosa Señora do Pilar. Foi un proxecto impulsado polo arcebispo Frei Antonio de Monroy —gran promotor da devoción á Virxe do Pilar—, e dirixido por Fernando de Casas. Entre todo o seu labor, polo que percibiu 27.000 reais, o pintor concibiu este cadro para encabezar o ático do retablo deseñado por Fernando de Casas e executado por Miguel de Romay en 1721.

Represéntase a aparición da Virxe a Santiago e aos seus discípulos nas beiras do Ebro, seguindo a variante iconográfica que sitúa á Nai de Deus sentada sobre un trono de nubes e non subida a un piar, arrodeada por un grupo de anxos que tanguen os seus instrumentos celebrando ao seu carón. Dous deles sosteñen a columna e unha imaxe da Virxe co Neno; réplica da que se atopa na basílica do Pilar de Zaragoza. No primeiro plano, o Apóstolo ataviado de peregrino, con esclavina e bordón, aparece acompañado por oito homes aos que convertería en discípulos durante a súa estadía en Hispania.

A composición, plenamente barroca, está marcada por un notable impulso vertical. A escena divídese nun plano terreal, no que predominan os tons fríos e unha iluminación que acusa a tridimensionalidade das figuras na contorna; e o plano celestial, cunha iluminación dourada que xera un espazo simbólico.

Exposicións
Bibliografía
  • Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese Doutoral, Universidade de Santiago, 1995.
  • Yzquierdo Peiró, R.: “Misit me Dominus. Santiago el Mayor en las colecciones artísticas de la catedral compostelana”, en Ad Limina, Revista de investigación del Camino de Santiago y las peregrinaciones. Vol. VIII. Santiago, 2017. Pp. 97.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad