Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
Aparición do Apóstolo Santiago na Batalla de Clavijo
Ficha técnica

Autor: Manuel Arias Varela/Plácido Fernández de Arosa (atr.)
Cronoloxía: ca. 1788-1800
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre táboa
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Porta do Pórtico Real da Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Trátase dun cadro de dobre cara na Porta que comunica o Pórtico Real co interior da Catedral de Santiago. Cara ao interior, aparece representado o sepulcro apostólico sobre unha nube e iluminado pola estrela, enmarcado nunha coroa de loureiro. Cara ao exterior, recóllese a intervención do apóstolo Santiago na Batalla de Clavijo, no ano 859.

Segundo Fernández Castiñeiras e Monterroso, podería ser obra de Manuel Arias Varela ao compartir elementos estilísticos coa mesma escena pintada na bóveda da Sala Capitular e co Santiago Matamouros de Uzal, xa que os dous compartiron mestre ―García de Bouzas―. Pola súa parte, García Iglesias data a obra arredor de 1800, cando Arias Varela xa estaría morto, e atribúe a autoría a Fernández de Arosa; pintor que se puido formar co propio Arias Varela.

Exposicións
Bibliografía
  • Yzquierdo Peiró, R.: “Escenas jacobeas en los fondos pictóricos de la catedral compostelana”, Rudesindus, no 13, 2020. pp.251-252.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad