Autor: Mathias Arrufat
Cronoloxía: 1752-1757
Xénero/temas:
Material: Tinta sobre pergamiño
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Arquivo Catedral
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: coéngo e chantre Andrés de Gondar
Descrición
Dentro da colección catedralicia, conservada no seu Arquivo–Biblioteca, trátase do libro de coro número 48, vinculado coa figura do chantre D. Andrés de Gondar e que, iconograficamente, xira en torno á figura de Santiago, na súa condición de patrón de España e devoción principal da Coroa.
Ao longo das súas 73 páxinas, conta con oito miniaturas realizadas en tinta sobre pergamiño, entre as que destaca especialmente unha representación do altar maior da catedral e a imaxe de Santiago sedente. Ademais, a portada ilumínase cunha orla con motivos vexetais e vieiras na que se pode ver o retrato do papa Benedito XIV (1740-1758), o que permite a súa datación.
Exposicións
- Ceremonial, fiesta y liturgia en la catedral de Santiago, Museo da Catedral, Santiago de Compostela, outubro 2011- febreiro 2012.
Bibliografía
- Buide del Real, F. : “Los cantorales del Archivo musical de la Catedral compostelana. Fondo,
índice y miniaturas” en Annuarium Sancti Iacobi, 8, 2019. pp. 182-183. - YZQUIERDO PEIRÓ, R. (dir.): Ceremonial, fiesta y liturgia en la catedral de Santiago, catálogo de exposición, Santiago de Compostela, 2011.