
Autor:
Cronoloxía: 1571
Xénero/temas: Santiago o Maior, san Xoán Bautista, san Xoán Evanxelista, Crucificado, Trono de Gloria
Material: Temple sobre liño
Dimensións: 1720 x 140 x 1 cm
Firma:
Restauración: 2009
Localización: Museo Catedral
Procedencia: Ofrenda ao Santo Apóstolo de don Xoán de Austria
Doante/persoas vinculadas: Xoán de Austria
Descrición
Peza de gran formato realizada contra 1571, en Italia, para a nave capitá da frota da Liga Católica. Tendo en conta que foi pensada para voar e non ser vista de preto, a calidade da pintura e do debuxo é sorprendente, xa que retrata con todo luxo de detalles as imaxes que se suceden, entre as que destacan o rostro do Crucificado e do Pai no Trono de Graza.
Desde a parte máis ancha ata o tramo final, representa o Calvario e o Trono de Graza ―emblemas da Santa Sé―, o León de san Marcos ―que alude á representación de Venecia―, o brasón imperial da Casa de Austria, o Grifón da Serenísima República de Xénova, san Xoán Evanxelista, Santiago Peregrino, san Xoán Bautista, o escudo de Castela e da Casa Savoia, e unha cartela na que se identifica o lema asumido por Carlos V: NON PLUS ULTRA.
Asócianse como santos protectores Xoán Bautista, Santiago o Maior e Xoán Evanxelista, sendo o Bautista o máximo intercesor. A dobre devoción dos Xoáns foi debida á procura de amparo para o propio Xoán de Austria. A presenza de Santiago o Maior está xustificada por ser o patrón de España e da súa monarquía. Represéntase nimbado, cunha túnica vermella e manto branco, as cores da súa Orde, e cóbrese cun sombreiro de peregrino adornado por unha vieira.
Exposicións
- Santiago, la Esperanza. Palacio de Gelmírez. Santiago de Compostela, 27 de maio – 31 de decembro de 1999.
- Camiño. A Orixe. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela, 13 de marzo- 14 de setembro de 2015.
Bibliografía
- López Ferreiro, A., Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Tomo VIII, Santiago, Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central, 1905, p. 428-430.
- Singul Lorenzo, F., Gallardete de la nave capitana de Lepanto. Exvoto de D. Juan de Austria en (catálogo de exposición) Santiago. La Esperanza. Palacio de Gelmírez. Santiago de Compostela, 27 de mayo 31 de diciembre 1999, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1999, pp. 478-479
- Yzquierdo Peiró, R.,“Santiago el Mayor en las coleciones del Museo Catedral”, en (catálogo de exposición), Iacobus, Santiago de Compostela, Fundación Catedral de Santiago, 2013, pp. 48-65.
- Yzquierdo Peiró, R., Los Tesoros de la Catedral de Santiago, Santiago de Compostela, Teófilo Edicións, Consorcio de Santiago, Fundación Catedral de Santiago, 2017, pp. 439-440.
- YZQUIERDO PEIRÓ, R.: “Gallardete da nave capitá da Batalla de Lepanto”, en Camiño (A Orixe), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2015, p. 211-212.