Historia Pinxit
Colección Século XVI
Lamentación sobre Cristo morto da Capela de Sancti Spiritus
Ficha técnica

Autor: Atribuído a Sixto de Frisia – Tristán de Taboada / Pedro de Más
Cronoloxía: Ca. 1525 / Ca. 1670
Xénero/temas: Paixón de Cristo, Angustias de María
Material: Pintura ao fresco
Dimensións: 
Firma:
Restauración: Plan de catedrais, 1998
Localización: Capela de Sancti Spiritus
Procedencia: Orixinal
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Na parte superior do fondo do arcosolio do sepulcro de don Alonso Sánchez de Moscoso, na parede do lado do Evanxeo, atópase un mural co tema da Quinta Angustia, atribuído a Sixto de Frisia, un autor vinculado ao gótico hispano-flamengo. Orixinalmente, no canto do devandito sepulcro, atoparíase un altar dedicado a san Sebastián.

Segue o esquema típico destas representacións, centrando a composición na Virxe María co corpo de Cristo no colo, de menor tamaño, que parece durmir no regazo da súa Nai.

No tocante á técnica, as figuras están contornadas por unha liña ben marcada que acentúa as súas desproporcións. O fondo aparece cuberto de estrelas, cousa moi común nas pinturas murais hispano-flamengas, mentres que o intradorso do arco se ornamenta con motivos vexetais conformados por parellas enfrontadas de golfiños e aves.

Exposicións
Bibliografía
  • Monterroso Montero, J. M. Y Fernández Castiñeiras, E.: A pintura mural nas catedrais galegas. Séculos XVI-XVIII. Santiago, 2006.
  • García Iglesias, J.M.: Pinturas murais de Galicia. Santiago de Compostela. 1991.
  • García Maseda, M.: Unha devoción baixomedieval: a iconografía da Quinta Angustia. Traballo de Fin de Máster, Inédito. Santiago de Compostela, 2021.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad