Historia Pinxit
Martirio de Santo André
Ficha técnica

Autor: Juan A. García de Bouzas
Cronoloxía: Ca. 1725
Xénero/temas: martirios
Material: Óleo sobre lienzo
Dimensións: 296 x 195 cm
Firma:
Restauración: Museo Catedral, 2006
Localización: Ante sancristía. Catedral de Santiago.
Procedencia: Sancristía. Catedral de Santiago.
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Trátase dunha obra encargada polo Cabido para a sancristía da catedral compostelá, xunto coa imaxe de San Pedro que aínda se conserva no fondo pictórico pendente de restauración.

A composición ten por eixo central o martirio do apóstolo, que actúa como punto de referencia para distribuír o resto das figuras e dirixir a iluminación cenital, que emana desde a figura dun anxo que descende para coroar a santo André. Á esquerda, disponse un chanzo sobre o que senta o personaxe que condenaría ao santo ao seu martirio.

No conxunto de figuras destacan os escorzos, as posturas dinámicas, as súas expresións e os brillos metálicos nas armaduras; todo isto disposto sobre unha paisaxe urbana nubrada, característica do pintor. Contrasta, por outra banda, o clarescuro entre os personaxes do primeiro termo e o rompemento de ceo.

A obra amosa a influenza dun cadro de Murillo da mesma temática, conservado no Museo del Prado. Ese lenzo, inspirado en Rubens, serviu tamén de modelo para Luca Giordano, que foi mestre de García de Bouzas.

Exposicións
  • Homenaje a pintores compostelanos, A Coruña, agosto de 1981.
  • Santiago, punto de encuentro. Santiago de Compostela, abril-novembro 2010.
Bibliografía
  • Couselo Bouzas, J.: Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del siglo XIX. Santiago, 1932.
  • Couselo Bouzas, J.: La pintura gallega. A Coruña, 1950.
  • García Iglesias, J. M.: “García de Bouzas, Juan Antonio”, en Gran Enciclopedia Gallega, T. XV, Vigo, 1978. Pp. 168-171.
  • García Iglesias, J. M.: “El pintor Juan Antonio García de Bouzas y la iconografía jacobea”, en Adaxe, 3. Santiago, 1987. Pp. 57-68.
  • Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese Doutoral. Universidade de Santiago, 1995.
  • Monterroso Montero, J. M.: “Juan Antonio García de Bouzas”, en VV. AA. Artistas galegos, Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 187-236.
  • Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 233.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad