Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
Nosa Señora de Guadalupe
Ficha técnica

Autor: Anónimo mexicano
Cronoloxía: Ca. 1690
Xénero/temas: Virxe de Guadalupe, devoción mariana
Material: Óleo sobre táboa
Dimensións: 165 x 120 x 8 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Museo Catedral
Procedencia: legado do cóengo José Manuel Losada
Doante/persoas vinculadas: José Manuel Quiroga y Losada

Descrición

O arcebispo Monroy (1685-1715), frade dominico mexicano, traería consigo esta táboa cando veu de Santiago de Querétaro. A el foi debida esta devoción na catedral —de grande influenza en Galicia ata a actualidade—, así como a fundación da capela da Virxe do Pilar.

Esta peza iniciou o modelo iconográfico da Virxe de Guadalupe mexicana que proliferou no barroco galego, sobre táboa ou lenzo, coa Virxe illada, segundo o tipo apocalíptico —arrodeada polo halo solar, coa lúa aos pés, vestida cun manto de estrelas que cobre unha túnica rosada ricamente decorada—.

Segundo recolleu Ríos Miramontes, a táboa estivo situada orixinalmente no retablo maior da capela de Sancti Spiritus e, despois, na reixa do coro. Logo de se desmontar, en 1945, pasou á entrada da capela das Reliquias, desde onde se rematou incorporando á exposición permanente do Museo Catedral.

Exposicións
  • Santiago e América. Santiago de Compostela, 1993.
  • Ata o confín do mundo. Diálogos entre Santiago e o mar. 27 de xullo a 30 de setembro de
    2004. Museo do Mar de Galicia, Alcabre, Vigo
  • Tornaviaje. Arte Iberoamericano en España, Museo Nacional del Prado, Madrid. 5 de octubre 2021 – 13 de febrero 2022
Bibliografía
  • Barea Azcón, P.: “La iconografía de la Virgen de Guadalupe en México en España”, en Archivo Español de Arte, T. 30 – 218, 2007. Pp. 186-198.
  • Barea Azcón, P.: “Pintura novohispana en Galicia” en Abrente. Boletín de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. 40-41. 2008-2009. Pp. 347-362.
  • González Lopo, Domingo L. “Devociones marianas de origen americano en Galicia”, en VV.AA.: De ida y vuelta. América y España: los caminos de la cultura. Santiago, 2007. Pp. 138-139.
  • Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tesis Doctoral, Universidade de Santiago, 1995.
  • Ríos Miramontes, Mª T.: El mecenazgo del Arzobispo Monroy. Un capítulo del barroco compostelano. Santiago, 1980.
  • Ríos Miramontes, Mª T.: Aportaciones al barroco gallego. Un gran mecenazgo. Santiago, 1986. Pp. 157-163.
  • Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 228.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad