Autor: Gregorio Ferro
Cronoloxía: ca. 1809
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: Diámetro 95 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Museo Catedral de Santiago
Procedencia: Proxecto de retablo do trascoro da Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas: Arcebispo Sebastián Malvar e cóengo Pedro Acuña y Malvar
Descrición
Este tondo representando o Soño de San Xosé estaba proxectado para o segundo corpo do retablo dedicado a San Xurxo, sobre o lenzo do arcanxo e o dragón.
A iconografía parece ter influenza das obras de S. Vouet, pero con referencias a Mengs apreciables nos forzados escorzos das figuras que se atopan en primeiro termo: san Xosé durmido e o anxo que voa sobre el. Ao fondo, aparece a figura de María, vestida coas mesmas roupas que nas outras dúas imaxes do trascoro, axeonllada e visiblemente encinta, ante o descenso do Espírito Santo. Ao representar este momento, engade un foco de luz cálida que dialoga á perfección co manto dourado que cobre a Xosé e que arrodea ao anxo.
Exposicións
- Homenaje a Pintores Compostelanos, 1981.
- Los pintores de la Ilustración, Madrid, 1988.
- Galicia, siglo XIX. Hacia la modernidad, 1998.
- Gregorio Ferro (1742-1812), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, xullo – setembro de 1999; Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid, outubro – novembro de 1999.
- Los rostros de Dios, Santiago de Compostela, 2000
Bibliografía
- Fernández Castiñeiras, E.: “Pintores neoclásicos compostelanos”, en Adaxe, 3, Santiago, 1987. Pp. 41-62.
- Fernández Castiñeiras, E.: “Apuntes sobre un pintor gallego en la segunda mitad del siglo XVII: Gregorio Ferro Requeijo”, en Adaxe, 5. Santiago, 1989. Pp. 23-33.
- Fernández Castiñeiras, E.: “Gregorio Ferro”, en VV. AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 228-259.
- Fernández Castiñeiras, E. e López Vázquez, J. M.: Gregorio Ferro. Pintor de Boqueixón. A Coruña, 2011.