Historia Pinxit
Colección Pintura contemporánea
Paneis composteláns para a exposición Iberoamericana de Sevilla
Ficha técnica

Autor: Juan Luis López
Cronoloxía: 1929
Xénero/temas: Pintura xacobea
Material: Gouache sobre lenzo
Dimensións:
100 x 180 cm: Traslado do corpo do Apóstolo Santiago
100 x 150 cm: A coroación de Alfonso VII, O traslado das campás
100 x 130 cm: Almanzor
37 x 147 cm: Construción da catedral I, Construción da catedral I, Construción da catedral II
97 x 100 cm: O mestre Mateo
40 x 180 cm: Voo das anduriñas
Firma:
A coroación de Alfonso VII, Construción da catedral II, O mestre Mateo, O traslado das campás, Almanzor, Traslado do corpo do Apóstolo Santiago: esquina inferior dereita
Construción da catedral I, Voo das anduriñas: esquina inferior esquerda
Restauración:
Localización: Museo Catedral de Santiago
Procedencia: Depósito da Deputación Provincial da Coruña
Doante/persoas vinculadas: Francisco Lloréns, Deputación Provincial da Coruña

Descrición

Estas pezas forman parte dunha nova etapa na traxectoria do artista na que abandona o simbolismo e o prerrafaelismo, para deixarse influír pola pintura francesa e as obras de Van Gogh, incorporando unha temática rexionalista e a técnica do puntillismo, que coñece grazas a unha bolsa concedida pola Deputación Provincial que lle permitiu viaxar a París.

É unha serie formada por oito paneis que forman parte dun encargo de Francisco Lloréns para o pavillón de Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla do 1929, que obtivo o primeiro premio.

Os paneis representaban escenas relacionadas coa historia de Compostela desde unha perspectiva divulgativa, mesturando temas de tradición xacobea con outros históricos e a construción da catedral. Destaca o estudo da composición, integrando as figuras, de firme debuxo, na paisaxe. As súas medidas débense á adecuación ao espazo no que estarían colocadas no recinto expositivo, seguindo unha orde cronolóxica que vai desde a Translación dos restos de Santiago e ata concluír coa figura do Mestre Mateo.

Unha vez rematou a mostra sevillana, as pezas pasaron a formar parte dos fondos da Deputación da Coruña, e exhibíronse no Pazo de Mariñán en Bergondo. No 2019, depositáronse no Museo Catedral como préstamo á Fundación Catedral, e foron expostas na Sala Manrique do Pazo de Xelmírez.

Exposicións
  • Exposición Iberoamericana, Sevilla, 1929

  • Juan Luis y la Catedral de Santiago. Los paneles para la Exposición Iberoamericana de 1929. Santiago de Compostela, 19 de xullo 2019 – 6 de xaneiro 2020

Bibliografía
  • López Vázquez, J. M. “Juan Luis, pintor compostelano”, Adaxe, 3, 187. pp.83-90.

  • Yzquierdo Peiro, R.: Un tesoro olvidado recuperado: el Tríptico de Juan Luis de la catedral de Santiago, 2019.

  • Yzquierdo Peiró, R.: “Escenas jacobeas en los fondos pictóricos de la catedral compostelana”, Rudesindus, nº 13, 2020. pp.241-270.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad