
Autor: Atribuído a Sixto de Frisia e Tristán de Taboada
Cronoloxía: ca. 1526
Xénero/temas:
Material: Pintura ao fresco
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Capela Prima ou da Concepción, muro oculto detrás do retablo
Procedencia: Orixinal
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Detrás do retablo realizado por Simón Rodríguez no 1721, en concreto, tras a escena do Descendemento, agóchanse os restos dunhas pinturas murais que datan, aproximadamente, de 1526.
O primeiro dos fragmentos conservados atópase no intradorso do arco tras o cal se dispón a sancristía e representa un motivo de cadelieri en policromía branca e carmín, conformado polo que semella un cáliz ou un candelabro coroado por un querubín.
O segundo fragmento sitúase na parte inferior do muro, a carón da porta da sancristía. Tan só é posible distinguir unha figura humana que parece estar nimbada e de xeonllos. García Iglesias pensa que podería tratarse dunha representación da escena do Lavatorio.
Exposicións
Bibliografía
- García Iglesias, J. M., “A Idade Moderno”, A Catedral de Santiago de Compostela, Xuntaza Editorial, 1993, p. 339.
- Monterroso Montero, J. M. Y Fernández Castiñeiras, E.: A pintura mural nas catedrais galegas. Séculos XVI-XVIII. Santiago, 2006.