Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
Pintura mural da Capela Maior e cruceiro
Ficha técnica

Autor: Gabriel Fernández
Cronoloxía: 1764-1767
Xénero/temas:
Material: pintura ao fresco e ouro
Dimensións:
Firma:
Restauración: 2018-2019
Localización: Capela Maior e cruceiro da Catedral
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Trátase da decoración pictórica que ocupa os dous tramos rectos da bóveda de canón da capela maior, a bóveda de cuarto de esfera e as columnas do triforio, chegando ata o cruceiro e o ciborio.

A decoración orixinal foi realizada en 1604 polo pintor aragonés Juan Bautista de Celma; sendo repintada sesenta anos despois por Juan Paz de Camaño, José Paz Gómez de Sotomayor, Antonio Montanero, Antonio de Romay e Antonio de Castro Santos.

As pinturas que se conservan actualmente foron atribuídas por López Ferreiro ao pintor Gabriel Fernández, baseándose en comprobantes de pagamento da Fábrica da Catedral que documentan que traballou nela durante a década de 1760.

Esta decoración destaca pola profusión de motivos dourados que se estenden sobre fondo azul, anunciando o rococó e en perfecto diálogo co tabernáculo realizado por Domingo de Andrade. Na parte baixa das bóvedas, varias figuras sosteñen estandartes, escudos e bandeiras, mentres que, cara ao centro, innumerables anxos avanzan portando instrumentos, palmas, coroas e distintos emblemas xacobeos ―a vieira, a cruz de Santiago, o bordón do peregrino, a urna e a estrela―. Desde xeito, resáltase a importancia do lugar que sobrevoan: o sepulcro do Apóstolo.

Exposicións
Bibliografía
  • Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese Doutoral, Universidade de Santiago, 1995.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad