Autor:
Cronoloxía: 1615
Xénero/temas: miniatura
Material: tinta sobre pergamiño
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Arquivo da catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: D. Alonso Rodríguez de León
Descrición
Executoria vinculada á figura de D. Alonso Rodríguez de León, da que se descoñece a autoría e que xira arredor de Santiago como patrón de España e principal devoción da Coroa.
Na miniatura principal represéntase a Santiago Cabaleiro, cabalgando sobre os corpos dos seus inimigos mentres os sobreviventes foxen. A escena enmárcase por flores e figuras fitomorfas e, no seu marxe inferior, inclúe a representación do sepulcro do Apóstolo. Destacan os arreos da montura e a armadura, evocadores dos que loce Filipe III no retrato de Juan Pantoja de la Cruz (1606). Do mesmo xeito, os trazos de Santiago lembran claramente aos do monarca, representado como miles Christi.
A composición compleméntase con tres escenas menores enmarcadas nas súas respectivas orlas: o Voto de Santiago, o Soño de Ramiro e a Batalla de Clavijo. Séguese un modelo iconográfico establecido uns anos antes por Mauro Castellá Ferrer na súa Historia del Apóstol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo (1610).
Exposicións
- Ceremonial, fiesta y liturgia en la catedral de Santiago, Museo da Catedral, Santiago de Compostela, outubro 2011- febreiro 2012.