Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
San Roque
Ficha técnica

Autor: Juan A. García de Bouzas
Cronoloxía: Segundo terzo do século XVIII
Xénero/temas:
Material:
Dimensións: 140 x 108 cm
Firma:
Restauración: Museo Catedral, 2006
Localización: Museo Catedral
Procedencia: Sacristía, Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Aínda que se perdeu parte da obra, responde á iconografía característica de san Roque, vestido de peregrino e na compañía dun can e dun anxo que aparece apalpando a chaga da súa perna. Contrastan os tons ocres do santo coas cores claras e frías da roupa do anxo.
Un detalle de especial relevancia é que, no fondo, se representan as torres da fachada do Obradoiro, naquel momento en construción e na que traballou o propio García de Bouzas na súa decoración. Trataríase do rexistro pictórico máis antigo que se conserva desta fachada, que serve para situar a escena, aínda que en realidade, san Roque nunca peregrinou a Compostela. Non obstante, é unha advocación de especial devoción na cidade pola súa protección na peste que a asolou no século XVI.

Exposicións
  • Homenaje a pintores compostelanos. A Coruña, agosto de 1981.
Bibliografía
  • Couselo Bouzas, J.: Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del siglo XIX. Santiago, 1932.
  • Couselo Bouzas, J.: La pintura gallega, A Coruña, 1950.
  • García Iglesias, J. M.: “García Bouzas, Juan Antonio”, en Gran Enciclopedia Gallega, T. XV. Vigo, 1978. Pp. 168-171.
  • García Iglesias, J. M.: “El pintor Juan Antonio García de Bouzas y la iconografía jacobea”, en Adaxe, 3. Santiago, 1987. Pp. 57-68.
  • García Iglesias, J. M.: Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino. Santiago, 2011.
  • Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese Doutoral, Universidade de Santiago, 1995.
  • Monterroso Montero, J. M.: “La condición social del pintor en la Galicia de los siglos XVII y XVIII”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XLIII, 107. Santiago, 1995. Pp. 371-391.
  • Monterroso Montero, J. M.: “Juan Antonio García de Bouzas”, en VV. AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 187- 236.
  • Yzquierdo Peiró, R.: “Misit me Dominus. Santiago el Mayor en las colecciones artísticas de la catedral compostelana”, en Ad Limina, Revista de investigación del Camino de Santiago y las peregrinaciones. Vol. VIII. Santiago, 2017. Pp. 85-153.
  • Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 231-232.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad