
Autor: Escola de Amberes, segundo gravados de Martín de Vos
Cronoloxía: Mediados do XVII
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre cobre
Dimensións: 57,5 x 70 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Sacristía da Catedral
Procedencia: Adquisición Cabildo a herdeiros do cóengo Gondar
Doante/persoas vinculadas: Cóengo Andrés de Gondar
Descrición
Serie de doce pezas en óleo sobre cobre que representan as escenas da oración do Credo dos Apóstolos. Foron realizadas en Amberes por obradoiros contrarreformistas que se desenvolveron desde finais do século XVI e durante o XVII, tomando como modelo os gravados de Marten de Vos, un dos pintores flamengos máis destacados durante o XVI. A gran maioría destes gravados foron levados á estampa por diversos artistas, sendo a serie do Credo realizada por Johan Sadeler (1550-1600) e Adrian Collaert (1560-1618) a fonte máis probable de inspiración para os cobres composteláns. Estas estampas, igual cós cobres flamengos, circularon por toda Europa e América, servindo de modelo para multitude de artistas.
O texto que figura en cada obra correspóndese cun dos doce artigos de fe que compoñen o Credo dos Apóstolos, e está vinculado con cada un deles. Así e todo, pola súa localización na sancristía logo da súa incorporación aos fondos catedralicios, a serie estaría dirixida ao clero capitular nos preparativos das celebracións.
Exposicións
- Santiago, La Esperanza. Santiago de Compostela, 1999.
- Creo, Santiago de Compostela, 2013.
Bibliografía
- Franco Mata, A.: “El Credo y el doble credo en los siglos XVI y XVII”, en XXXII Rutas cicloturísticas del Románico. Pontevedra, 2014. Pp. 39-44.
- Monterroso Montero, J. M.: “Algunos ejemplos aislados de la presencia de pintura barroca española y flamenca en Galicia”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XLIII, 108, Santiago. Pp. 241-288.
- Vlieghe, H.: Arte y arquitectura flamenca, 1585-1700, Madrid, 1999.
- Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. Pp.227.