Historia Pinxit
Serie Vida da Virxe
Ficha técnica

Autor: Escola flamenga
Cronoloxía: Segunda metade do século XVII
Xénero/temas: Iconografía mariana
Material: Óleo sobre cobre
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Sancristía da Catedral
Procedencia: Adquisición do Cabido a herdeiros do cóengo Gondar
Doante/persoas vinculadas: Cóengo Andrés de Gondar

Descrición

A colección da Catedral conta cunha serie de trece cobres nos que se representan os seguintes episodios da vida da Virxe: o Nacemento de María, a Presentación, os Desposorios da Virxe, a Anunciación, a Visitación, a Adoración dos Pastores, a Epifanía, a Fuxida a Exipto, a Circuncisión do Neno, a Presentación de Xesús no Templo, a Morte da Virxe, a Aparición de Xesús resucitado a María e a Asunción.

As pezas que conforman a serie ―que probablemente, na súa orixe, era máis numerosa― difiren na súa calidade e factura; moitas delas lembran modelos da autoría de Peter Paul Rubens (Anunciación, Fuxida, Presentación, Visitación, Epifanía…) que se difundirían a través de gravados e do prolífico mercado de cobres que chegou a Galicia entre os séculos XVII e XVIII. Por outra banda, atópanse pezas máis rudas como a Morte da Virxe, a Circuncisión ou a Presentación de Xesús no Templo, tamén baseadas no mundo da estampa da época a partir doutros autores flamengos coetáneos.

Exposicións
Bibliografía
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad