Autor: Francisco A. Couselo del Villar
Cronoloxía: 1737
Xénero/temas: Virxe do Socorro, devoción mariana
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 212 x 135 cm
Firma: “Franc. Couselo pinx. 1737” no ángulo inferior dereito.
Restauración: Fundación Caixa Galicia, 2010.
Localización: Sancristía. Catedral de Santiago.
Procedencia: Sancristía capela de Mondragón. Catedral de Santiago.
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Obra realizada polo pintor Francisco Couselo del Villar, do que constan escasos datos; aínda que o seu traballo pode rastrexarse pola xeografía galega, poñendo especial atención nas pinturas realizadas no Santuario da Nosa Señora das Ermitas (O Bolo).
Na colección catedralicia consérvase esta tea encargada en 1737 polos marqueses de Santa Cruz de Rivadulla, padroeiros da capela de Mondragón. A súa intención era introducir na catedral o culto a esta advocación mariana, naquel momento en expansión por toda Galicia.
Segue a iconografía habitual da Virxe do Socorro, consonte o narrado nas Cantigas de Afonso X: intervindo milagrosamente como defensora da fe fronte ao mal.
Para a súa factura, o autor limitouse a facer unha copia da obra realizada por Claudio Coello, para o mosteiro de San Martiño Pinario, no ano 1681. Malia ter unha gran capacidade pictórica, o autor non conseguiu plasmar a gama cromática nin a elegancia do orixinal. Neste caso, válese dun punto de vista máis baixo que o forza a alongar as figuras e tensar os movementos. Érguese sobre unha peaña barroca na que se le: “Spes nostra, Salve” (Esperanza nosa, Salve), frase tomada da antífona mariana Salve Regina.
Exposicións
- Santiago, punto de encuentro, Santiago de Compostela, abril – novembro 2010.
- Galicia no tempo, Santiago de Compostela, 1991.
Bibliografía
- Couselo Bouzas, J.: Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del siglo XIX. Santiago, 1932.
- González García, M. A.: “Datos para la historia de Nuestra Señora del Socorro de Santiago de Compostela”, en Boletín de estudios del Seminario Fontán Sarmiento, 6-8, 1980.
- Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese doutoral, Universidade de Santiago, 1995.
- Monterroso Monterio, J. M.: “Aproximación al estudio del patrimonio pictórico de San Martín Pinario. Cuatro ejemplos de los siglos XVII y XVIII”, en Compostellanum, XLI, 3-4. Santiago, 1996.
- Murguía, M.: El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria. Madrid, 1885.
- Yzquierdo Peiró, R. Virgen del Socorro. Informe histórico para proyecto de restauración. Inédito. Santiago, 2008.
- Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 230.