Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
Visitación da Virxe a Santa Isabel
Ficha técnica

Autor: Gregorio Ferro
Cronoloxía: ca. 1809
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: Diámetro 95 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Museo Catedral de Santiago
Procedencia: Proxecto de retablo do trascoro da Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas: Arcebispo Sebastián Malvar e cóengo Pedro Acuña y Malvar

Descrición

É un dos tondos encargados polo Cabido para rematar os retablos de orde corintia que irían no novo trascoro, encomendados a Melchor de Prado en 1754, que non se chegaron a realizar.

A Visitación disporíase no retablo dedicado á Encarnación, rematando o segundo corpo, sobre o cadro da Anunciación.

Segundo apuntou o profesor Morales, o pintor tomaría influenzas dalgunhas obras da mesma temática realizadas por Carlo Maratta, seguido tamén por outros pintores españois coetáneos.

A composición está centrada polas dúas figuras femininas, cunha anatomía coidada, envoltas en roupas que caen de xeito rítmico sobre os seus corpos, formando suaves pregos. Ao estar representadas desde un punto de vista baixo, gañan monumentalidade, algo que diferenza esta peza do resto de obras de Ferro, se ben mantén a elegancia e o suave modelado que lle son característicos. A escena enmárcase por una estrutura arquitectónica que establece o punto de inflexión entre interior e exterior, no que vemos a figura de Xosé ante un ceo nubrado.

Exposicións
  • Homenaje a Pintores Compostelanos, 1981.
  • Los pintores de la Ilustración, Madrid, 1988.
  • Galicia, siglo XIX. Hacia la modernidad, 1998.
  • Gregorio Ferro (1742-1812), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, xullo – setembro de 1999; Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid, outubro – novembro de 1999.
  • Los rostros de Dios, Santiago de Compostela, 2000.
Bibliografía
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Pintores neoclásicos compostelanos”, en Adaxe, 3, Santiago, 1987. Pp. 41-62.
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Apuntes sobre un pintor gallego en la segunda mitad del siglo XVII: Gregorio Ferro Requeijo”, en Adaxe, 5. Santiago, 1989. Pp. 23-33.
  • Fernández Castiñeiras, E.: Un siglo de pintura gallega: 1750-1850. Tese doutoral. Universidade de Santiago, 1992.
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Gregorio Ferro”, en VV. AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 228-259.
  • Fernández Castiñeiras, E. e López Vázquez, J. M.: Gregorio Ferro. Pintor de Boqueixón. A Coruña, 2011.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad