
Autor: Juan J. Cancela del Río
Cronoloxía: 1848
Xénero/temas: Dolorosa, Vida de Cristo, Vida de María
Material: Óleo sobre lenzo, miniatura
Dimensións: 186 x 148 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Ante Sancristía
Procedencia: Retablo da Soidade. Catedral de Santiago de Compostela
Doante/persoas vinculadas: Encargo do Bispo auxiliar P. Manuel Sanlúcar
Descrición
Xunto á imaxe do Ecce Homo do mesmo autor, esta obra estaría destinada á nova portada do trascoro, a carón da imaxe barroca da Soidade. A súa forma, rematada de maneira arqueada na parte superior, correspóndese coa do fornelo que ocupaba neste espazo.
Representa á Virxe ensimesmada, cun puñal atravesando o seu corazón, rodeada de once miniaturas con formato de tondos coma se fosen un marco, creando un cadro dentro doutro cadro. Nestas pequenas imaxes pode verse a pericia do artista na miniatura xunto ao debuxo moi coidado, que destacan respecto á pouca expresividade da central.
É, precisamente, nestas miniaturas, nas que se representan momentos da vida de Xesús e de María, onde o artista fai un maior esforzo pictórico, empregando diversas referencias de grandes mestres da pintura, cun sentido ecléctico propio de comezos do romanticismo.
Exposicións
- Homenaje a Pintores Compostelanos, 1981.
- Galicia, siglo XIX. Hacia la modernidad, 1998.
- Galicia Terra Única, 1997.
Bibliografía
- Couselo Bouzas, J.: La pintura gallega. A Coruña, 1950.
- Fernández Castiñeiras, E.: “Pintores neoclásicos compostelanos”, en Adaxe, 3, Santiago, 1987. Pp. 41-62.
- Fernández Castiñeiras, E.: Un siglo de pintura gallega: 1750-1850. Tese doutoral. Universidade de Santiago, 1992.
- Fernández Castiñeiras, E.: “Cancela del Río”, en VV.AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 296-323.
- García Iglesias, J. M.: “La Edad Moderna”, en VV. AA. La Catedral de Santiago de Compostela. Laracha, 1993. Pp. 354-356
- Mariñas Placer, J.: “El clasicismo romántico en la catedral de Santiago. Los lienzos para el retablo de la Soledad del trascoro”, en Revista Catedral de Santiago, nº 8 (2023). Pp. 45-48.
- Otero Túñez, R.: “La Edad Contemporánea”, en VV. AA.: La Catedral de Santiago de Compostela. Barcelona, 1977. P. 390
- Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 246.