
Autor: Juan J. Cancela del Río
Cronoloxía: 1848
Xénero/temas: Ecce Homo, Vía Crucis, Adoración
Material: Óleo sobre lenzo, miniatura
Dimensións: 186 x 148 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Ante Sancristía catedral
Procedencia: Retablo de la Soledad. Catedral de Santiago de Compostela.
Doante/persoas vinculadas: Encargo do Bispo auxiliar P. Manuel Sanlúcar
Descrición
Xunto co lenzo da Dolorosa, ambas pezas foron encargadas polo bispo auxiliar Manuel de Sanlúcar para os dous fornelos dos laterais do altar do trascoro, presidido pola imaxe barroca da Soidade, o que explica a súa curiosa forma. Tras a retirada do coro da nave central da catedral, en 1945, a parella pasou por distintas localizacións e, desde hai uns anos, atópase na antesancristía.
Na escena central represéntase o Ecce Homo, rodeado de dezaseis miniaturas organizadas a modo de tondos coma se fosen un marco, creando un cadro dentro doutro cadro. Nestas pequenas imaxes vese a pericia do artista na miniatura xunto ao debuxo moi coidado, que contrasta coa pouca expresividade da imaxe central, que mostra unha contención propia do neoclasicismo, na que predominan as cores frías sobre fondos neutros escuros.
As miniaturas representan as estacións do Vía Crucis, agás a que está baixo a escena central, que reproduce unha Adoración.
Fronte a esa frialdade da escena central, nas miniaturas é onde o artista fai o maior esforzo pictórico, empregando diversas referencias de grandes mestres da pintura cun sentido ecléctico propio de comezos do romanticismo.
Exposicións
- Homenaje a Pintores Compostelanos, 1981.
- Galicia, siglo XIX. Hacia la modernidad, 1998.
- Galicia Terra Única, 1997.
Bibliografía
- Couselo Bouzas, J.: La pintura gallega. A Coruña, 1950.
- Fernández Castiñeiras, E.: “Pintores neoclásicos compostelanos”, en Adaxe, 3, Santiago, 1987. Pp. 41-62.
- Fernández Castiñeiras, E.: Un siglo de pintura gallega: 1750-1850. Tese doutoral. Universidade de Santiago, 1992.
- Fernández Castiñeiras, E.: “Cancela del Río”, en VV.AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 296-323.
- García Iglesias, J. M.: “La Edad Moderna”, en VV. AA. La Catedral de Santiago de Compostela. Laracha, 1993. Pp. 354-356
- Mariñas Placer, J.: “El clasicismo romántico en la catedral de Santiago. Los lienzos para el retablo de la Soledad del trascoro”, en Revista Catedral de Santiago, nº 8 (2023). Pp. 45-48.
- Otero Túñez, R.: “La Edad Contemporánea”, en VV. AA.: La Catedral de Santiago de Compostela. Barcelona, 1977. P. 390
- Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 246.