Historia Pinxit
Colección Pintura contemporánea
Proxecto de vidreiras pra a fachada do Obradoiro
Ficha técnica

Autor: Atribuído a Modesto Brocos ou a R. González Blanco
Cronoloxía: finais do século XIX – principios do XX
Xénero/temas:
Material: Tinta e augada sobre papel
Dimensións: 21,2 x 38 cm
Sinatura:
Restauración:
Localización: Arquivo da Catedral de Santiago
Procedencia: Encargo do Cabido
Doante/persoas vinculadas: Cardeal Martín de Herrera

Descrición

No Arquivo da Catedral de Santiago consérvanse unha serie de debuxos relacionados co proxecto para a colocación dunhas novas vidreiras historiadas na fachada do Obradoiro. García Iglesias púxoos en relación coa celebración do Ano Santo compostelán de 1897 e atribúellos a Modesto Brocos, quen coincidiu co cardeal Martín de Herrera durante a súa temporal volta a Europa desde Brasil en 1987; mentres que Singul os data en 1923, atribuíndoos ao pintor leonés Roberto González del Blanco, relacionando o encargo co Ano Santo compostelán de 1926.

O deseño representa a Aparición de Santiago na Batalla de Clavijo no que sería o grande espello da fachada barroca e, enriba deste, o escudo do Cabido sostido por catro anxos. Estas pezas, xunto ás grecas laterais, combinan o modernismo e o labor historicista propio destes autores.

Exposicións
  • Santiago de Compostela: un tempo, um lugar. Centro de Congressos e Esposiçoes, Porto, 30 marzo – 30 abril de 2001.
Bibliografía
  • Taín Guzmán, M.: Trazas, planos y proyectos del Archivo de la Catedral de Santiago. A Coruña, 1999. Pp. 358-360.

  • García Iglesias, J. M.: Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino, 2012.

  • Sigul Lorenzo, F.: “Vitrais da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela”, en Santiago de Compostela, um tempo um lugar, 2001. Pp. 89-91.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad