Historia Pinxit
Colección Pintura contemporánea
Retrato do cóengo López Ferreiro
Ficha técnica

Autor: Mariano Tito Vázquez
Cronoloxía: 1929
Xénero/temas: retrato
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 200 x 122 cm
Firma: Na parte baixa, en latín: “CAPITULI COMENDATIONE ET SUMTIBUS TITUS VAZQUEZ PINXIT”
Restauración:
Localización: Arquivo da Catedral de Santiago.
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: Encargo do Cabido

Descrición

Mariano Tito Vázquez foi un destacado retratista e artista clave no panorama artístico compostelán do século XX, mestre de varios dos protagonistas da escena pictórica da cidade. A obra foi un encargo do Cabido no ano 1929, e trátase dun retrato póstumo do cóengo e historiador López Ferreiro, falecido en 1910.

O personaxe aparece representado nos seus labores de investigador e escritor, nunha mesa con libros, e destaca a minuciosidade e expresividade do retrato. A composición está relacionada cunha fotografía realizada en 1910 por Tito Lens para Vida Gallega, pero dulcificando os seus trazos e co escritorio máis ordenado. Na parte inferior disponse unha inscrición latina que identifica ao cóengo e fai referencia a súa obra como historiador, pois trátase do autor da Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago.

Exposicións
  • Homenaje a pintores compostelanos, 1981.
  • Compostela na historia: redescubrimento. Casa da Parra, Santiago de Compostela, maio-xullo 1999
  • Pintores compostelanos. Historia y renovación entre los siglos XIX y XX. Santiago, 2004
Bibliografía
  • Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 253- 254.
    Yzquierdo Peiro, R.: Un tesoro olvidado recuperado: el Tríptico de Juan Luis de la catedral de Santiago, 2019.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad