Historia Pinxit
Colección Pintura contemporánea
Salvador segundo El Greco
Ficha técnica

Autor: Atr. Juan Luis López García
Cronoloxía: ca. 1916
Xénero/temas: Cristo Salvador
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións:
Firma:
Restauración: María Victoria Valverde, 2019
Localización: Almacéns do Museo Catedral
Procedencia: Retablo da capela do Salvador
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Nos fondos do Museo Catedral consérvase unha táboa atribuída a Juan Luis que sería a súa interpretación do Cristo Salvador do Greco. Xesús aparece representado en tres cuartos, en posición frontal e nimbado, seguindo o modelo das iconas bizantinas; bendice á maneira grega, coa man dereita mentres a esquerda se apoia nun globo terráqueo. O encadre está adaptado ao fornelo onde ía disposta esta peza ―no retablo pétreo renacentista da capela do Salvador―, lixeiramente convexa, e non aparece o globo no que se apoiaría a man esquerda. Viste prendas de vivas cores: unha túnica branca e marrón e un manto vermello e azul.

Exposicións
Bibliografía
  • López Vázquez, J. M. “Juan Luis, pintor compostelano”, Adaxe, 3, 187. pp.83-90.
  • Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. 251-252.
  • Yzquierdo Peiro, R.: Un tesoro olvidado recuperado: el Tríptico de Juan Luis de la catedral de Santiago, 2019.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad