Autor:
Cronoloxía: ca. 1520-1530
Xénero/temas: Iconografía xacobea
Material: Tinta sobre pergamiño
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Arquivo da Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Trátase dunha copia serodia da Bula Regis Eterni de Alexandre III. A letra que inicia o texto contén unha representación de Santiago ecuestre, o cal supón un anacronismo, posto que a bula intenta xustificar a implantación do ritual de apertura da Porta Santa. En realidade, a miniatura é posterior a que se establecese este ritual en Compostela.
Santiago aparece representado vestido con indumentaria militar de carácter guerreiro, derrotando un inimigo a cabalo. A estrutura que o envolve, así coma o piar que a pecha, son de carácter clásico.
Exposicións
Bibliografía
- García Iglesias, J. M., Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camin, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago-Alvarellos Editora, 2011, pp. 158-159; García Iglesias, J. M., Galicia. As súas catedrais e Santiago o Maior, Santiago de Compostela, LúdicaLIBROS, 2021.
- López Alsina, F., “El papa Alejandro III confirma el jubileo de la iglesia de Santiago”, en (catálogo de exposición) Santiago, camino de Europa. Culto y cultura en la peregrinación a Compostela, Santiago de Compostela, Fundación Caja de Madrid, 1993, p. 341.