Historia Pinxit
Colección Século XVI
Real Executoria de Filipe II
Ficha técnica

Autor: Atribuído a Lázaro de Velasco
Cronoloxía: 1576
Xénero/temas: Epifanía, Derrota de Aberda, Batalla de Clavijo, Privilexio de Ramiro I, retrato de Felipe II
Material: tinta sobre pergamiño
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Arquivo da Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: Xoán Vidal

Descrición

Executoria asinada en Granada o 2 de agosto de 1576, en defensa do Voto de Santiago. Contén cinco miniaturas, aparecendo baixo a base das catro primeiras unha lenda que di: DON PHILIPE (Epifanía) POR LA GRACIA DE DIOS (Derrota de Albelda), REI DE CASTILLA (Batalla de Clavijo), DE LEÓN DE ARAGÓN (Rei Ramiro I outorgando o privilexio). A última miniatura é un retrato de Filipe II, ao que se alude ao inicio do documento.

Na correspondente á Batalla de Clavijo, represéntase na parte inferior o exército cristián dividido en dous grupos, cada un deles cun guerreiro á súa fronte que porta un estandarte. No primeiro plano, aparece o Apóstolo Santiago, a lombos do seu cabalo branco, sobre os inimigos xa vencidos. Na subida do outeiro, atópanse pequenas capelas ante as cales se dispón un sacerdote que lles imparte a comuñón aos que xa loitaron. E na parte superior aparece a tenda real tras a vitoria.

A escena do Privilexio de Ramiro desenvólvese no interior dun templo presidido por un retablo con forma de tríptico que contén no centro unha imaxe de Santiago peregrino, con bordón e o sombreiro ás costas, mentres que nos laterais se representa a Atanasio e Teodoro, os seus discípulos, en forma de grisalla. Diante do retablo, a escena desenvólvese en dous niveis. No primeiro, o máis baixo, represéntase tres grupos de xente orante: no centro, eclesiásticos; á dereita, personalidades de carácter civil; e á esquerda, soldados. No segundo nivel, no centro disponse a cruz de Afonso III e, a cada lado un grupo: á dereita do retablo, uns homes presididos por Ramiro I e, enfronte, unhas mulleres presididas pola raíña consorte, neste caso Paterna ou Urraca. A ambos os dous lados do retablo ábrense ventás, que permiten ver a cidade de Compostela amurallada e un castelo ao lonxe, que pode ser unha referencia á Raíña Lupa.

Exposicións
  • Los Reyes y Santiago.Exposición de documentos reales de la Catedral de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela, 1986.
  • Ceremonial, fiesta y liturgia en la catedral de Santiago, Museo da Catedral, Santiago de Compostela, outubro 2011- febreiro 2012.
Bibliografía
  • García Iglesias, J. M., Santiagos de Santiago: dos apóstolos al final del camino. Santiago de Compostela, 2011.
  • García Iglesias, J. M. Secretos de Catedral
  • García Iglesias, J. M.,“De la Elección al Voto en clave jacobea. Los púlpitos de la Catedral compostelana”, en MÍNGUEZ CORNELLES, V.M. (coord.) Las Artes y la Arquitectura del poder. Actas del XIX Congreso CEHA, Castelló de La Plana, Universitat Jaume I, 2013, pp. 2055-2068.
  • García Iglesias. Galicia. As súas catedrais e Santiago o maior.
  • Iglesias Ortega, A., Catálogo biográfico de la catedral de Santiago de Compostela. Dignidades, canónigos y racioneros del siglo XVI. Tomo II (N-Z y tablas genealógicas), Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago-Universidade de Santiago de Compostela, 2009.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad