Autor: Juan A. García de Bouzas
Cronoloxía: 1748
Xénero/temas: xacobeo
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 191 x 146 cm
Firma: Firmada e datada a ambos dous lados da parte inferior
Restauración: López Garabal (década dos 70); Noelia Márquez Grille (2010)
Localización: Museo Catedral de Santiago
Procedencia: Sancristía. Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Juan Antonio García de Bouzas está considerado o principal pintor de Galicia na primeira metade do século XVIII. Tras a súa formación en Madrid no taller de Luca Giordano, estableceuse en Compostela e desenvolveu unha temperá “escola galega de pintura” con numerosos discípulos como Domingo Antonio Uzal, Manuel Arias Varela ou Gabriel Fernández.
Foi pintor titular da catedral durante 39 anos, nos que desenvolveu un amplo labor que foi alén da realización de cadros de cabalete e que incluíu, por exemplo, a decoración pictórica das esculturas da fachada do Obradoiro ou da capela do Pilar.
Así e todo, en 1748 atopábase na miseria e presentoulle unha súplica ao Cabido mencionando todos os seus traballos na catedral durante case catro décadas. Concedéronlle naquel momento 500 reais e, en satisfacción desa cantidade, levou a cabo esta obra, de localización orixinal descoñecida, que tería certa repercusión na época, xa que se coñecen gravados de Melchor de Prado e tamén un lenzo moi semellante e case coetáneo que se conserva no Museo das Peregrinacións.
A peza, asinada e datada en ambos os dous lados na parte inferior ―“Jua Anto Bouzas. Año de 1748”―, é unha representación moi fiel ao modelo escultórico proxectado polo Mestre Mateo para o altar maior da catedral, aínda que o seu autor introduce algunhas novidades que non aparecen no modelo orixinal: a esclavina, o marco no que destacan os dous medallóns nos que se representan os discípulos do Apóstolo, Teodoro e Atanasio; e algúns símbolos xacobeos como a cabaza e o zurrón.
Exposicións
-
Santiago y la Monarquía de España (1504-1788), Santiago de Compostela, 2004.
-
Yo Camino, Ponferrada, 8 maio-8 decembro de 2007.
-
Iacobus. Santiago de Compostela, 2013
-
Santiago, punto de encuentro, Santiago de Compostela, abril-novembro 2010.
-
Hospitalitas. A graza do encontro. Las Edades del Hombre. Santiago de Compostela, 13 de xuño – 17 de novembro, 2024.
Bibliografía
-
Couselo Bouzas, J.: Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del siglo XIX. Santiago, 1932.
-
Couselo Bouzas, J.: La pintura gallega, A Coruña, 1950.
-
García Iglesias, J. M.: “García Bouzas, Juan Antonio”, en Gran Enciclopedia Gallega, T. XV. Vigo, 1978. Pp. 168-171.
-
García Iglesias, J. M.: “El pintor Juan Antonio García de Bouzas y la iconografía jacobea”, en Adaxe, 3. Santiago, 1987. Pp. 57-68.
-
García Iglesias, J. M.: Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino. Santiago, 2011.
-
Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese Doutoral, Universidade de Santiago, 1995.
-
Monterroso Montero, J. M.: “La condición social del pintor en la Galicia de los siglos XVII y XVIII”,
en Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XLIII, 107. Santiago, 1995. Pp. 371-391. -
Monterroso Montero, J. M.: “Juan Antonio García de Bouzas”, en VV. AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 187- 236.
-
Yzquierdo Peiró, R.: “Misit me Dominus. Santiago el Mayor en las colecciones artísticas de la catedral compostelana”, en Ad Limina, Revista de investigación del Camino de Santiago y las peregrinaciones. Vol. VIII. Santiago, 2017. Pp. 85-153.
-
Yzquierdo Peiró, R.: Los tesoros de la catedral de Santiago, 2017. P. 231-232.