Traslado das campás
Ficha técnica

Autor: Juan Luis López
Cronoloxía: 1929
Xénero/temas: Xacobea
Material: Gouache sobre lenzo
Dimensións: 100 x 150 cm
Firma: Esquina inferior dereita
Restauración:
Localización: Museo Catedral de Santiago
Procedencia: Depósito da Deputación Provincial da Coruña
Doante/persoas vinculadas: Francisco Lloréns, Deputación Provincial da Coruña

Breve descrición

Trátase dunha nova etapa na traxectoria do artista na que deixa atrás o simbolismo e o prerrafaelismo, deixándose influír pola pintura francesa e as obras de Van Gogh, incorporando unha temática rexionalista e a técnica do puntillismo, que coñece grazas a unha bolsa concedida pola Deputación Provincial que lle permitiu viaxar a Francia.

É unha serie formada por oito paneis que forman parte dun encargo de Francisco Lloréns para o pavillón de Galicia na exposición Iberoamericana de Sevilla do 1929, onde foron premiados co primeiro premio. Estes paneis representaban escenas relacionadas coa historia de Compostela dende unha perspectiva divulgadora, mesturando temas de tradición xacobea con outros históricos e a construción da catedral.

Nestas pezas destaca o estudo da composición, integrando as figuras —nas que destaca o firme debuxo na paisaxe. As súas medidas débense á adecuación ao espazo no que estarían colocadas no recinto expositivo, seguindo unha orde cronolóxica dende a Traslación dos restos de Santiago e concluíndo coa figura do Mestre Mateo. Unha vez rematou mostra sevillana, as pezas pasaron a formar parte dos fondos da Deputación de A Coruña, exhibíndose no Pazo de Mariñán en Bergondo. No 2019, depositáronse no Museo Catedral como préstamo á Fundación Catedral, expoñéndose na Sala Manrique do Pazo de Xelmírez.

Representa o momento no que, trala destrución da Igrexa polas tropas de Almanzor, catro cristiáns cautivos trasladan o botín de guerra ata Córdoba: as campás.

Exposicións
  • Exposición Iberoamericana, Sevilla, 1929

  • XI Salón de Otoño, 1932

Bibliografía
  • López Vázquez, J. M. “Juan Luis, pintor compostelano”, Adaxe, 3, 187. pp.83-90.

  • Yzquierdo Peiro, R.: Un tesoro olvidado recuperado: el Tríptico de Juan Luis de la catedral de Santiago, 2019.

  • Yzquierdo Peiró, R.: “Escenas jacobeas en los fondos pictóricos de la catedral compostelana”, Rudesindus, nº 13, 2020. pp.241-270.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad