Historia Pinxit
Pinturas murais da Capela do Salvador
Ficha técnica

Autor:
Cronoloxía: finais do século XIV – principios do século XV
Xénero/temas:
Material: Pintura ao fresco
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Restos conservados in situ na cabeceira medieval da capela do Salvador, oculta tras o actual retablo
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Restos da pintura mural gótica descubertos ao desmontar a parte superior do retablo renacentista (ca. 1525) da capela do Salvador, situado no seu testeiro. Destacan dous grandes escudos superpostos en cada lado da ventá románica central, que ocupan parte da xamba e do arranque do intradorso, así como as coroas rexias que se sitúan sobre eles e as tres flores de lis douradas sobre o campo negro, en alusión ao rei de Francia, patrón da capela.

Na parte inferior das xambas esténdese unha decoración xeométrica baseada nunha orla diagonal de círculos e semicírculos flanqueada por dúas liñas grosas; mentres que na contrapegada dos chanzos do van hai outra orla horizontal cunha fileira de cadrados divididos en catro triángulos. Todo isto pintado en negro e vermello sobre imprimación branca.

Relaciónanse coa doazón de 3.000 floríns efectuada en 1381 por Carlos V de Francia para a celebración diaria de misas na capela, coñecida desde aquela como do Rei de Francia. Aínda que a documentación menciona sucesivas decoracións en concreto poderían datarse na súa primeira aplicación a finais do século XIV ou inicios do XV, con posibles repintes na segunda metade do XV e comezos do XVI, pero anteriores, en todo caso, a 1524.

Exposicións
Bibliografía
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad