Historia Pinxit
Pinturas murais da torre do Arcebispo Gómez Manrique
Ficha técnica

Autor:
Cronoloxía: Terceiro cuarto do século XIV
Xénero/temas:
Material: Pintura ao fresco
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Restos conservados in situ na área arqueolóxica baixo o actual claustro
renacentista
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Restos da pintura mural achados nos vestixios arqueolóxicos da torre que mandou construír o arcebispo Gómez Manrique no terceiro cuarto do século XIV, acaroada ao claustro gótico. Esta estrutura foi demolida no 1521 para dar paso ao actual claustro renacentista, aínda que se conservou parcialmente integrada á nova obra.

As prospeccións arqueolóxicas realizadas na década de 1960 por Manuel Chamoso Lamas e Francisco Pons Sorolla revelaron os restos do claustro medieval baixo as pandas oriental, setentrional e meridional; as escavacións continuaron baixo a capela de San Fernando na década dos oitenta.

Nestes muros consérvase unha pintura mural de deseño xeométrico, formada por un tramado de cadros en branco, negro e vermello que crea un efecto tridimensional similar a un artesoado.

Outras campañas arqueolóxicas na contorna da torre descubriron restos pictóricos con distintas decoracións xeométricas: estrelas de oito puntas en vermello sobre negro, óvalos brancos sobre fondo vermello atravesados por bandas negras, e patróns de rectángulos alternos en branco e negro.

Exposicións
Bibliografía
Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.