Autor: Juan Luis López
Cronoloxía:
1920 e 1921: O descanso na fuxida a Exipto, Xesús en casa de Marta e María e Xesús predicándolle á xente desde unha barca.
1921: San Francisco de Asís
1922: A morte de San Xosé, Santa Isabel de Hungría curando os tiñosos, Os anxos músicos
Xénero/temas:
Material: óleo sobre lenzo adherido ao muro
Dimensións:
Firma:
Restauración: Noelia Márquez, Fundación Catedral
Localización: Centro Internacional de Acollida ao Peregrino
Procedencia: Antigo asilo de Carretas
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Nos muros da capela do antigo Asilo de Carretas, hoxe Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, consérvanse oito grandes lenzos pintados por Juan Luis entre 1920 e 1922 no seu estudo de Madrid. Os seis cadros de maior tamaño distribúense nos laterais dos primeiros tramos da nave, mentres que os outros dous se atopan a cada lado da parte superior do retablo.
Tres das pezas que representan a vida de Xesús foron realizadas nos anos 1920 e 1921: O descanso na fuxida a Exipto, Xesús na casa de Marta e María e Xesús predicándolle á xente desde unha barca. Nestas obras apréciase a influenza dos grandes muralistas do quattrocento italiano, en especial Ghirlandaio, Fra Angélico e Masaccio. De 1921 é tamén a representación de san Francisco nun dos laterais da capela.
A Morte de San Xosé sumouse, en 1922, xunto con Santa Isabel de Hungría curando os tiñosos e Os anxos músicos, obras nas que incorpora elementos propios dos simbolistas franceses como Moreau e Chavannes.
Exposicións
-
Exposición Iberoamericana, Sevilla, 1929
Bibliografía
- Travieso, J. e Cerviño Lago, J.: El pintor Juan Luis, 1994.
- López Vázquez, J. M.: “Juan Luis”, en VV. AA. Artistas gallegos. Pintores (el regionalismo I). Vigo, 1997. Pp. 370-413.
- Yzquierdo Peiro, R.: Un tesoro olvidado recuperado: el Tríptico de Juan Luis de la catedral de Santiago, 2019.