Historia Pinxit
Colección Pintura contemporánea
Os 365 rostros do Apóstolo Santiago
Ficha técnica

Autor: David Planas
Cronoloxía: 2021
Xénero/temas: temática xacobea
Material: óleo, plástico e pan de ouro sobre lenzo
Dimensións: 200 x 135 cm
Firma: Ángulo inferior dereito
Restauración:
Localización:
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: Adquirida pola Fundación Catedral de Santiago en 2025

Descrición

Esta obra de gran formato reproduce a faciana do Apóstolo Santiago no parteluz do Pórtico da Gloria. Trátase da representación dun rostro transformado e cambiante ao longo dos séculos, e supón unha renovación artística da iconografía do Apóstolo, reflexo dun tempo novo para os peregrinos actuais.

Esta peza conviviu na nave central, xunto ao Pórtico, durante un breve período de tempo en 2022, creando un diálogo simbólico entre ambas as dúas imaxes, e logo formou parte da exposición Iacobus. A historia dun peregrino, celebrada no Museo Catedral, tras a cal foi adquirida para a colección pictórica catedralicia.

Exposicións
  • Os 365 rostros do Apóstolo. Pórtico da Gloria, Catedral de Santiago de Compostela, 2022.

  • Iacobus. A historia dun peregrino. Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela, 2024.

Bibliografía
  • Yzquierdo Peiró, R . (dir).: Iacobus. A historia dun peregrino, catálogo de exposición, Santiago de
    Compostela, 2024.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad