Autor: Frans Francken III, O novo
Cronoloxía: 1752
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre cobre
Dimensións: 69 x 85 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Sala Capitular. Museo Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: ¿Chantre Andrés de Gondar?
Descrición
Situado fronte a Cristo camiño do Calvario, ocupa o lateral esquerdo do fornelo que contén a imaxe de Santiago Peregrino realizada por José Gambino en 1754 para a Sala Capitular.
Represéntase o episodio da Conversión de Saulo, no momento no que cae do cabalo camiño de Damasco ante a aparición do Mesías. O seu autor emprega unha composición dinámica, dominada polos escorzos das figuras que se afastan cara aos marxes ante o milagre, deixando no centro do cadro a san Paulo, xa no chan, e aos seus acompañantes. Establécese deste xeito un eixo central que se estende desde Saulo ata o Redentor, que aparece sobre eles envolto nunha luz dourada entre o ceo nubrado, mentres porta a cruz na súa man dereita. Por isto, tamén adoita ser interpretada como a Batalla na Ponte Milvio, onde a Constantino se lle aparece o mesmo símbolo para anunciarlle a vitoria. Finalmente, na escena xérase unha convincente sensación de tridimensionalidade grazas á luz e á disposición das figuras.
Ademais das características que levaron a Monterroso a sinalar a súa filiación co taller de Frans Francken o Novo, no caso desta peza poden atoparse influenzas de deseños de Rubens como o conservado no Metropolitan Museum of Art de Bolswert; e, tamén, cun cobre da mesma atribución, propiedade do anticuario vasco Francisco Javier Jiménez.
Exposicións
Bibliografía
- Monterroso Montero, J. M.: La pintura barroca en Galicia, 1620-1750. Tese Doutoral, Universidade de Santiago, 1995.