Historia Pinxit
Flaxelación de Cristo
Ficha técnica

Autor: atr. Juan A. García de Bouzas
Cronoloxía:
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 113 x 81 cm
Firma:
Restauración: 2002, Pablo Porral
Localización: Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Entre a rica produción de García de Bouzas coma un dos principais pintores da Catedral no século XVIII, consérvase este lenzo no que se representa o momento da Flaxelación de Cristo a mans dos soldados de Pilato, antes da súa Crucifixión.

A escena está centrada polo corpo encurvado de Cristo e pola columna á que permanece atado, coas mans ás súas costas e con expresión de dor. Aparece coroado de espiños e cuberto co pano, como comeza a ser habitual a partir do século XII. Ao seu redor, dous soldados provistos de látegos e tres personaxes masculinos ―un neno, un mozo e un ancián―, cun can na esquina inferior dereita, contemplan o padecemento de Cristo, pechando a composición.

Exposicións
Bibliografía
  • Monterroso Montero, J. M.: “Juan Antonio García de Bouzas”, en VV. AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 187- 236.
Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.