Historia Pinxit
Colección Séculos XVII e XVIII
San Xurxo e o dragón
Ficha técnica

Autor: Gregorio Ferro
Cronoloxía: ca. 1809
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 180 x 80 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Sancristía Catedral de Santiago
Procedencia: Proxecto para un novo trascoro da Catedral de Santiago
Doante/persoas vinculadas: Arcebispo Sebastián Malvar e cóengo Pedro de Acuña y Malvar

Descrición

Forma parte do proxecto de renovación do trascoro que o Cabido lle encomendou a Melchor de Prado en 1754, sen que chegase a efectuarse. En concreto, estaría destinado ao primeiro tramo do retablo dedicado a San Xurxo, que se remataría co tondo do Soño de San Xosé.

Represéntase o momento no que san Xurxo, vestido de guerreiro e co rostro sereno e concentrado, se dispón a cravarlle a súa lanza ao dragón. A composición, de acusado dinamismo, organízase arredor de dúas diagonais contrapostas: a que marca o cabalo, que se ergue sobre as patas traseiras, de dereita a esquerda; e a que deseña o corpo do dragón, de pequenas dimensións, en sentido contrario. O movemento destácase grazas á figura de san Xurxo, que se dispón nun enfático contraposto, potenciado polo manto vermello que o envolve. A escena complétase coa aparición da princesa Cleolinda, que se pode ver ao fondo, baixo as patas do cabalo.

Exposicións
  • Homenaje a Pintores Compostelanos, 1981.
  • Los pintores de la Ilustración, Madrid, 1988.
  • Galicia, siglo XIX. Hacia la modernidad, 1998.
  • Gregorio Ferro (1742-1812), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, xullo – setembro de 1999; Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid, outubro – novembro de 1999.
  • Los rostros de Dios, Santiago de Compostela, 2000.
Bibliografía
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Ferro Requeijo, G” en VV.AA. Gran Enciclopedia Gallega, T. XII. Santiago, 1974. Pp. 164-167.
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Pintores neoclásicos compostelanos”, en Adaxe, 3, Santiago, 1987. Pp. 41-62.
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Apuntes sobre un pintor gallego en la segunda mitad del siglo XVII: Gregorio Ferro Requeijo”, en Adaxe, 5. Santiago, 1989. Pp. 23-33.
  • Fernández Castiñeiras, E.: “Gregorio Ferro”, en VV. AA. Artistas galegos. Pintores. Ata o romanticismo. Vigo, 1999. Pp. 228-259.
  • Fernández Castiñeiras, E. e López Vázquez, J. M.: Gregorio Ferro. Pintor de Boqueixón. A Coruña, 2011.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad