Autor: atr. Manuel Arias Varela
Cronoloxía: ca. 1783
Xénero/temas:
Material: óleo sobre táboa
Dimensións:
Firma:
Restauración:
Localización: Sala Capitular e Biblioteca do Museo Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:
Descrición
Sobre os linteis das portas de acceso da Biblioteca e da Sala Capitular do edificio claustral, remodeladas tras un incendio no ano 1751, dispóñense catro tondos enmarcados por grilandas de loureiro dourado que foron atribuídos por López Ferreiro a Manuel Arias Varela, artífice dos frescos que decoran a bóveda de granito da Biblioteca.
Nestes medallóns represéntanse alegorías, seguindo os modelos establecidos por Cesare Ripa na súa Iconoloxía, concretamente segundo a edición de Hertel (1758-1760). Son catro pezas de pequeno tamaño que se identifican coa Fe, a Sabedoría, a Verdade e a Recompensa.
Exposicións
Bibliografía
- López Ferreiro, A.: Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago de Compostela (Tomo X), Santiago : Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central, 1908.
- Ripa, C.: Iconologia overo descrittione dell’imagini universali, 2a ed., Roma: Lepido Facij, 1603.