Historia Pinxit
Virxe co Neno
Ficha técnica

Autor: Juan A. García de Bouzas (atr)
Cronoloxía: segundo terzo do século XVIII
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 159 x 105 cm
Firma:
Restauración:
Localización: Museo Catedral de Santiago
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas:

Descrición

Dentro do prolífico traballo de García de Bouzas para a Catedral, atribúeselle un lenzo no que se representa a Virxe sostendo ao Neno no seu colo, que segue o modelo dunha Virxe co Neno realizada por Tiziano arredor de 1560.

María aparece sentada nunha bancada, á esquerda da imaxe, dentro dunha estancia, ataviada cun manto azul sobre unha túnica rosada e un veo en ton pardo. Sobre ela, o Neno, cuberto cun pano, semella revolverse para xirar o seu rostro cara ao espectador. No fondo, unha paisaxe vespertina a través dunha fiestra.

Exposicións
Bibliografía
Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.