Autor: Guido Reni (atr.)
Cronoloxía: XVII
Xénero/temas:
Material: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 76 x 60 x 4 cm
Firma:
Restauración: Beatriz Pintos Moreu, 2002
Localización:
Procedencia:
Doante/persoas vinculadas: Arzobispo Pedro Carrillo
Descrición
Xunto co Arcanxo San Gabriel sería a segunda peza que, en opinión de Fernandez Gasalla, podería corresponderse co legado do arcebispo Pedro Carrillo á Igrexa compostelá.
A Virxe aparece representada co corpo orientado cara a esquerda, de onde procede un gran foco que ilumina o seu rostro en tres cuartos, coa mirada baixa, cuberto por un veo e un manto que carecen de detalles. Contrasta coa sutileza do modelado do Arcanxo co que faría parella, presentando aquí un rostro máis frío, duro e con menor volume.
A imaxe non parece corresponderse coas Virxes das Anunciacións de Guido Reni, de rostros máis infantís e coa cabeza ao descuberto, motivo que levou a Pita Galán a sinalar a influencia dun artista posterior, Carlo Maratta. Para isto, estableceu as similitudes coa Virxe en Contemplación de Maratta, copia dunha obra de Guido Reni, que se conserva no Museo Provincial de Málaga, o que levou a concluir que as pezas compostelás serían xa do século XVIII.
Exposicións
Bibliografía
- Pita Galán, P.: “Estudio de los lienzos de la Anunciación conservados en la Sala Capitular de la Catedral de Santiago de Compostela”, en Boletín de Arte, nº 28, Universidad de Málaga, 2007.
