San Martiño Pinario

Capela da Nosa Señora do Socorro

Capela proxectada por Fernando de Casas e Novoa, con planta de brazos iguais, bóveda e cúpula con casetóns sobre triángulos curvilíneos. Segue, en definitiva, o mesmo esquema da sacristía deste centro monástico. En 1746, concluída a capela, Casas proxecta o retablo realizado por Manuel de Leis, presidido pola imaxe da Virxe do Socorro, tallada en 1668 e atribuída ao círculo de Mateo de Prado e Pedro Taboada.
Destaca a súa estructura no corpo central, con coroamento de perfil piramidal, colocación oblicua dos vans de medio punto e un remate con volutas e imaxes. Os soportes que articulan o retablo son pilastras na fornela central e, no segundo plano, columnas salomónicas; o uso de tal soporte cabe interpretalo máis como unha suxestión dos benedictinos que como un arcaísmo desexado por Casas. Destaca a delicada decoración de acantos, sartas de froitas e entrelazos xeométricos.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad