San Martiño Pinario

Retablo de Santa Escolástica

A estructura do retablo, trazado por frei Plácido Caamiña e tallado polo escultor José Ferreiro, segue solucións típicas do barroco como o avance da rúa central, o efecto transparente que resalta a escena do tránsito, as columnas corintias, a policromía de efectos marmóreos e o potente entaboamento que separa os corpos.
Neste retablo está patente a influencia de escultores italianos do barroco tardío, como por exemplo Bernini, autor da Transverberación de Santa Teresa, obra que lle serve como modelo a José Ferreiro para a realización da escena do Tránsito da Santa, posiblemente a súa obra mestra. Aparece disposta baixo unha auréola de nubes e axudada por un anxo, mentres outro
a espera coa coroa da Gloria, ascendendo ós ceos.
Santa Escolástica fundou, xunto co seu irmán San Bieito, o primeiro mosteiro feminino da Orde benedictina.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.