San Martiño Pinario

Cadeirado do coro

O cadeirado de San Martiño Pinario é, sen dúbida, un dos máis importantes de Galicia. Débese ao traballo de Mateo de Prado, escultor formado no obradoiro de Gregorio Fernández, co que garda unha estreita relación estilística. Inspirada pola da veciña Catedral de Santiago, componse de dúas ordes de asento. A parte baixa dedícase á vida da Virxe María. No cadeirado alto complétase o programa eclesiolóxico a través da coidada colocación dos santos, segundo a súa importancia para a Orde e para a Igrexa Universal. Por último, o gardapó, rematado cun coroamento realizado por Romay en 1673, céntrase na vida e milagres do fundador da Orde, distribuído en corenta e oito relevos. Mateo de Prado inspirouse nos gravados da Vita et miracula, de San Gregorio Magno, na edición romana de 1579.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.