San Martiño Pinario

Retablo da Virxe Inglesa

Fernando de Casas proxéctao, igual que o de San Bieito, en 1742. O retablo consta de dous corpos. O inferior ten tres rúas separadas por columnas salomónicas e un frontón partido.
O labor escultórico -agás a imaxe da Virxe que o preside e que é de orixe inglesa- débese a escultores formados no obradoiro de Romay. A titular do retablo ocupa a fornela central e foi repintada na época barroca. Unha tradición supona tallada en Inglaterra e traída polos católicos exiliados en época de Enrique VIII. A súa presencia no mosteiro non está documentada ata 1607. Nas fornelas laterais, nun nivel máis baixo, sitúanse San Xosé co Neno e San Xoán Bautista. Enriba amósanse os proxenitores de María: San Xoaquín e Santa Ana. No ático exáltase a figura da Virxe coa escena da súa coroación e a imposición da casula a Santo Ildefonso. Remata o conxunto a imaxe do arcanxo San Gabriel, anunciador da Encarnación.
Sobre as rúas laterais dispóñense dous santos fundadores: San Domingos de Guzmán, á dereita, e Santo Ignacio de Loyola á esquerda.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad