San Martiño Pinario

Retablo de San Bernardo

En 1786 realízase este retablo seguindo as trazas do Santa Catarina segundo se especifica no Libro de Consejos. Mantense o gusto polos planos curvilíneos, pero os entrepanos utilizados no retablo maior xa non se utilizan aquí. A decoración, hoxe perdida, estaba composta de rocalla, típica da época de Gambino. A policromía, de tons dourados e verdes, dota ao conxunto dun aspecto marmóreo.
Canto á imaxe de San Bernardo, que ocupa a rúa central do primeiro corpo do retablo, é claramente vinculable ó obradoiro de José Ferreiro.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.