San Martiño Pinario

Retablo do Cristo da Paciencia

O retablo é, desde un punto de vista tipolóxico, similar ao de Santa Escolástica, localizado na capela de enfronte. O grupo escultórico que o preside é obra de Ferreiro, isto confirmase definitivamente pola presenza dunha inscrición que data a policromía no ano 1784; e está composto pola imaxe de Cristo crucificado tendo como elaborado fondo unha repuxada arca
da alianza e o veo do templo esgazándose, clara alusión ao que se sinala dende o Evanxeo en relación co momento da morte de Xesús. A iconografia do conxunto complétase coa ilustración da alegoría do Sagrado Sangue de Cristo a través do anxeliño berninesco que porta o cáliz. O Cristo posúe as características dos crucifixos de Ferreiro. Presenta unha lixeira inflexión dos
brazos, desenvolvemento dos bíceps e acusado arco que forma o costelar no torso. Obsérvase un contraste entre as partes brandas do ventre e a dureza ósea das cadeiras, así como na forma de inserir os músculos no xeonllo e a separación dos dedos polgares dos pés. A nota diferencial dos crucifixos de Ferreiro déixase ver na orixinal disposición dese pano de pureza que non cae abarrocadamente sobre a perna dereita, e cunha dobrez sobresafnte polo centro na parte superior, senón que se anoa cinguindo a pelve.
No 1804 a policromía do retablo ofrecía notables desperfectos, polo que frei Plácido Caamiña, mestre de obras do mosteiro, redacta un informe aconsellando que as columnas fosen pintadas.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.