Arte e oficio en Compostela
Situándonos nos comezos do século pasado, podemos dicir que Santiago segue a ser unha cidade onde as mal chamadas artes menores continuaban desenvolvéndose de xeito simultáneo nas diferentes zonas do seu centro urbano, no que salientaban tallistas, ourives e acibecheiros, entre outros.
A Catedral e as abondosas ordes relixiosas crearan, e seguían creando, unhas necesidades de ornato que demandaban artistas de distintas disciplinas. Paralelamente a estas necesidades relixiosas, a aristocracia e mais a burguesía da cidade reclamaban tamén obxectos civís decorativos e de uso.
Neste ambiente, o santiagués Antonio Cimadevila, seguindo o ronsel dos seus devanceiros (José Ventura Lorenzo e Miguel Bruzos Cimadevila), trasládase a Ourense, onde abre nos anos vinte a xoiaría Cimadevila. Aló múdase daquela o seu sobriño, o tamén compostelán Ángel Iglesias, que se forma na xoiaría do seu tío.
Transcorridos uns anos, Ángel abre o seu propio negocio na mesma cidade, ao que sumará en 1948, canda o seu irmán José, a xoiaría de Santiago de Compostela, que rexerá este último ata o ano 2008.
José conservará para ela o nome de “Ángel”, en honor ao seu irmán.
Ese ambiente compostelán, no que se respiran tan variadas e diferentes artes, motiva a Ángel e a José Iglesias a concibir as obras de ourivaría e xoiaría como multidisciplinares; por iso, nos traballos do obradoiro de “Ángel” é frecuente atopar talla en marfil, madeira de buxo, xoiaría e esmalte.
Incorporan tamén a “filigrana compostelá” con profusión nalgunhas das súas obras, tanto en xoiaría como en ourivaría, converténdoa ás veces en sinal de identidade.
Como exemplo dese traballo multidisciplinar pódese contemplar no corredor central unha escolma de diferentes traballos que son referente da arte e o oficio en Compostela.