“Tesouros de Compostela”

Esta exposición, formada pola Colección Ángel, é o resultado do aprecio e a sensibilidade de varias xeracións dunha familia compostelá pola estética, o gusto e a preservación daqueles obxectos que formaron parte tanto do seu patrimonio como do uso dos habitantes da cidade de Santiago e mais de Galicia.
Ese aprecio e afán de protección iníciase no século XIX co espírito dos gabinetes de curiosidades, de carácter exótico, e chega ata o día de hoxe.
A Colección Ángel agrupa unha extensa variedade de materiais arqueolóxicos, decorativos, artísticos e funcionais de diferentes épocas, os máis deles, vencellados á cidade de Santiago de Compostela. Trátase dun extenso catálogo de obxectos habituais no enxoval de moitos composteláns que inclúe xoiaría, ourivaría, artes decorativo-suntuarias, escultura, bibliofilia… etc.
As pezas expostas permiten comprobar a pegada e o gusto que tiveron os mestres locais, a influencia dos obradoiros internacionais e, tamén, a bagaxe da escultura e imaxinería relixiosa compostelá. Ademais, pódese visualizar a evolución no tempo das obras e as técnicas de produción.
Observando esta exposición será posible entrar nas casas dos composteláns que nos precederon e coñecer unha parte dos obxectos que os acompañaron en cada momento, así como descubrir tamén a destreza, o gusto e as habilidades dos artesáns que os crearon.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.