Xerusalén, Roma, Santiago

Tres son os lugares principais de peregrinación na cristiandade, e Santiago é, na súa orixe, un deles.
Podemos datar o comezo documentado deste fenómeno no ano 333 nun relato dun peregrino de Bordeos a Terra Santa, malia que xa hai indicios del no século III. Estas primeiras peregrinacións non contaron co beneplácito dos Pais da lgrexa.
O primeiro xubileu propiciado polo papado foi o decretado no 1300 por Bonifacio VIII, quen promoveu a peregrinación a Roma coa indulxencia plenaria. Respecto a Santiago, segundo algunhas fontes, no século Xl era xa un lugar europeo de peregrinación; para outros, é o papa Calisto ll quen outorga o privilexio de celebrar a partir de 1126 o ano santo compostelán; finalmente, Alexandre III concédelle en 1179 o carácter perpetuo (Bula Regis Aeterni), aínda que algúns historiadores rexeitan este documento como orixinal.

Pódese afirmar que o rei Fernando lll peregrina a Santiago arredor do ano 1230, feito que é representado en labra de pedra na ábsida da igrexa de Santiago en Turégano (Segovia).
A peregrinación como fenómeno cultural xera arredor de si, ademais do feito pío, necesidades paralelas, unha delas de ámbito fabril, o que motiva a aparición de distintas actividades de carácter artístico nas cidades. É o concepto de reliquia/recordo a principal delas: un obxecto que o peregrino levará de regreso á súa casa, santificado ou como emblema.
Así mesmo, dará lugar á ampliación e ornato dos distintos edificios, sobre todo relixiosos, que irán conformando estas cidades. De entre todas elas, tres, na cristiandade, acabarán sendo centros singulares de peregrinación: Xerusalén, Roma e Santiago.
Nesta exposición pódense observar obxectos, obras e documentos desta índole.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad