Arte compostelá

As obras de artesanía e imaxinería, que de forma ininterrompida foran a forma de expresión artística durante séculos, sofren un severo revés a finais do século XIX e principios do XX coa aparición de tallas e elementos decorativos de escaiola. O moldeado no devandito material permite producir de xeito rápido e seriado todo tipo de figuras e elementos decorativos mediante moldes. As obras nas que antes se empregaban semanas ou meses ―en tallar ou esculpir― realizábanse agora en horas.
Durante a primeira metade do século XX, un grupo de artistas composteláns, opostos a esta corrente, moi produtiva economicamente pero pouco artística, decidiron continuar coa tradición de elaboración manual e materiais nobres. Froito dese esforzo contracorrente son estas obras de extraordinaria sensibilidade e pericia técnica, que presentamos nesta epígrafe. Estas pezas inclúen as máis variadas técnicas e materiais: estufado, dourado, policromado, tallado en lousa,
marfil, buxo etc.
Algúns dos seus nomes deixámolos inscritos neste breve resumo: Marcelino Pena, Ricardo Posse, Manuel Miranda, Cástor Lata, Ángel Liste, Jesús Picón etc., e todos aqueles que, agrupados en “La Compostelana”, propiciada entre outros por Roberto González Blanco, formaron parte desta produción artística

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad