Marfil Arte civil oriental

De Oriente chegan a Occidente dúas manifestacións artísticas: por unha banda, da India; por outra, da China, especialmente de Cantón.
Cantón convértese, sobre todo a partir do século XVII, no porto comercial por excelencia con Occidente a través das compañías chamadas “das Indias Orientais”, e posteriormente con América.
Algo semellante aconteceu coa India. Foi o comercio existente, especialmente das especias, o que levou a Cristóbal Colón a tentar un percorrido mariño a este continente. Será durante o século XVII cando as potencias europeas colonizarán a parte sur da India; os británicos mesmo chegaron a controlar totalmente a zona a partir de principios do XIX.
Froito dese comercio asiático con indios e chineses son os obxectos exóticos, de uso e de recordo, que se amosan neste ámbito.

Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e cumpre funcións como recoñecerte cando volvas visitar o noso sitio web e axudar ao noso equipo a coñecer que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.